Aforra na iluminación do teu fogar
5 Xuño 2012
Fonte: Xataca home
A iluminación do fogar representa entre o 10% e o 25% do consumo total de electricidade. É por iso que lograr unha iluminación eficiente é algo interesante polos beneficios ambientais e económicos.
A nivel ambiental, consumir menos evita que os recursos non renovables se esgoten rapidamente e por conseguinte a emisión de gases nocivos sexa menos. No aspecto económico non se precisan moitas explicacións. Se conseguimos consumir menos enerxía a nosa factura baixará, algo que se agradece tendo en conta a subida do prezo do quilovatio.
- Lámpadas de baixo consumo. Sempre que se poida debemos substituír as lámpadas incandescentes por lámpadas de baixo consumo. O seu gasto enerxético é menos e pese ao prezo inicial, a duración e aforro na factura compensará pronto dita inversión. Sobre todo se imos usala en localizacións onde están acesas moitas horas.
- Estuda a situación das lámpadas. Colocar puntos de luz no lugar axeitado permítenos usar luces con menos potencia e iluminar o mesmo.
- A pintura do ambiente e entrada de luz natural. Pode parecer unha bobada pero son dous aspectos importantes. Segundo a cor da pintura a iluminación será diferente. Por exemplo, non é o mesmo usar tons terra para as paredes do salón que para un despacho. Aproveita as estancias máis luminosas da casa para colocar o escritorio, mesa de traballo e por suposto a habitación dos máis pequenos ou o teu despacho.
- Usa sensores e temporizadores. Automatizar o aceso e apagado de luces pode reportarnos moitos beneficios. Existen sensores que detectan cando hai alguén na habitación e acende as luces. Igualmente os temporizadores son útiles.
- Apaga o que non precises. Non só se aplica á iluminación. En xeral, o mellor consello é apagar todo o que non vaias a empregar. Se saes da habitación e vas a tardar en volver, apaga a luz.