Obxectivo social

O noso obxectivo social é…
crear emprego estable e de calidade para persoas con discapacidade, para o que contamos co certificado de centro especial de emprego dende 1994.
Para cumplir con isto…
sometemos ao persoal a un proceso de formación continua que permita o desenvolvemento competitivo e de calidade nas prestacións dos servizos que as empresas demandan.
Cumprimos...
ano a ano coas expectativas xeradas en torno á creación de postos de traballo afianzándonos como unha empresa capaz de ofrecer unha integración sociolaboral das persoas con discapacidade a través dunha actividade rendible economicamente.