Coregal

Coregal

Edificio Coregal

Instalacións Centrais, en Santiago de Compostela

Somos…

… unha empresa dedicada á xestión medioambiental integral:

  • Redución + reutilización + reciclaxe + valorización dos residuos non perigosos que xeran os nosos clientes.

Tamén nos centramos na xestión de zonas verdes a través da colaboración con Dixardín.

Contamos …

… cunha infraestructura de servizos, dentro do sector dos residuos reciclables ou valorizables, repartida en 5 eco-plantas por toda Galicia (Santiago de Compostela, Mos, Boiro, Carballo e Narón). Ademais xestionamos puntos limpos, entre eles: Teo, Arzúa, Boiro, Muros, Rianxo...

Reincorporamos…

… ao ciclo de consumo a cantidade máxima de materiais, minimizando o seu depósito nos vertedoiros.

Garantimos...

… unha correcta xestión medioambiental dos residuos, cumprindo coa normativa comunitaria, estatal e autonómica vixente.

... total disposición e experiencia do persoal da empresa para atender ás necesidades dos clientes.

... flexibilidade de servizos e rápida atención ás súas demandas.