Coregal

Aviso legal

PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

Os dereitos de propiedade industrial e intelectual da web, así como os elementos contidos nesta (imaxes, sons, vídeos, software ou textos) pertencen a Cogami Reciclado de Galicia, S.L.


CONDICIÓNS DE USO
O usuario poderá visualizar os elementos incluídos na web e imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico, sempre que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado.
Poderá realizarse un uso público dos contidos da web sempre que a reprodución dos contidos non persiga ánimo de lucro e que se indique a autoría dos contidos reproducidos e se acompañen dun enlace web. 


PROHIBIDA A REPRODUCIÓN  TOTAL OU PARCIAL DOS CONTIDOS SEN AUTORIZACIÓN
Queda terminantemente prohibida a utilización dos contidos presentados na web con fins comerciais, así como a súa distribución, modificación ou fragmentación.
Perseguirase calquera utilización indebida dos contidos presentados na web, exercendo todas as accións civís e penais, que correspondan.   


RESPONSABILIDADES E GARANTÍAS 
Cogami Reciclado de Galicia, S.L. non se fai responsable en ningún caso dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal, incorrecta visualización ou a transmisión de virus, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
Cogami Reciclado de Galicia, S.L. resérvase o dereito de realizar sen previo aviso todas as modificacións que considere oportunas na súa páxina web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos coma a forma na que estes aparezan presentados ou localizados na páxina web. 


CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS 
Calquera dato de carácter persoal que o usuario proporcione para a utilización dos servizos e contidos da web estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal.